Este álbum de dibuxos foi composto antr´os anos dezaseis e dezaoito, cando Galiza s´esperguizaba d´un longo sono. Con este medio cento de dibuxos intentei desacougar a todol-os licenciados da Universidade (amas de cría do caciquismo), a todol-os homes que vivían do favor oficial… As intencións eran nobles e o pesimismo aparente. Certo que a tristura d´estes dibuxos queima com´a raxeira do sol que pasa por unha lupa; mais eu non quixen cantal-a ledicia das nosas festas, nin a fartura dos casamentos, sinón as tremendas angurias do decotío labrego e mariñeiro. Algúns espíritos sensibles que choran co-a melanconía dos tangos e dos fados, atoparon desmedida esta door das miñas estampas; outros espíritos inertes ollaron pouco patriotismo no afán de ser verdadeiro. Con todo, eu sigo coidando que o pesimismo pode ser libertador cando desperta carraxes e cobizas d´unha vida máis limpa. Cicáis hoxe atácase as nosas mágoas c´un humor menos acedo; mais ninguén pode negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahi porqué me arrisco a publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e sirven de pretesto para “conferencias” que influiron no actual rexurdimento da galeguidade. E co-as chatas que ten eu gárdolle lei e quero espoñela de novo ô xuicio de todos.
Castelao
Galiza, 1931
- Prólogo
- – ¡ Qué lástema de bois !
- – Foi seu fillo para Cuba e o seu neto para Melilla;
- ¡ Qué San Roquiño nos liberte de médicos, abogados e boticarios !
- O probe Xan.
- Decías que eras probe e tiñas unha vaca, eh?
- – E para qué qués largar da Terra? ¿Non temos pan no forno?.
- ¡ Canto pesa e cómo fede !
- ¡ Un padrenostriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán !
- As sardiñas volverían se os gobernos quixesen
- Non son pastores de Belén; son labregos que van pagal-os foros.
- Dous vellos amigos: os foros e as ablatas
- ¡ Un padrenostriño para que Deus nos liberte da xusticia !
- Os esclavos do fisco.
- O que sinto eu é que algún que maltratou a miña nai morra denantes de que eu chegue a home.
- E que o seu brazo somentes sirva para guindar arbres !…
- – A túa filla xa será unha moza, eh?.
- ¡ Non me fan xusticia, Señor !
- Por iso se papai vivise non lle gustaría que mamai casase con outro.
- – Ós señoritos non lles gusta a choiva.
- O fracasado da emigración.
- – ¿Qué comerá o rey?
- – E meu irmanciño terá que sair da Terra para ganal-o pan ?
- Deixa raices na Terra. Volverá.
- – O escolante díxonos que o mundo é redondo. ¿Ti créelo?
- – Xa saberás que aquelo que tiña o cacique non era cáncer…
- Non soñan máis que cando durmen.
- – ¿Por qué no habla castellano, Señor Pedro?
- – Eu non quería morrer alá. ¿Sabe, miña nai?
- – Eu bebo para afogal-as penas; mais as condanadas aboian.
- En Galiza non se pide nada. Emígrase.
- – Na cadea dan de comer; pero teriamos de facer algún mal par irmos á cadea.
- – Para tocal-a gaita compren máis folgos que para tocal-a guitarra.
- A tola do monte
- ¡Ay, meu homiño, e qué bonito vas co traxe das romerías !
- ¿E qué tal os rapaces?
- O enfeitizado
- Na veira do Miño:
- Non é leite o que mama o rapaz; é sangue
- – Non quero ir porque o escolante pégame e a escola cheira que fede
- Os cegos ainda viven da caridade
- Chora porque o cacique deixouno a pedir.
- Érguete, pelegrín, que o paxaro da morte está enriba de ti.
- A verdade
- A nosa Terra non é nosa, rapaces
- A cega que canta para mantel-os fillos
- – E este é o mundo que fixo Deus?
- A felicidade
[…] O Álbum Nós, editado em 1931, foi um conjunto de estampas críticas e sarcásticas, de negro humor, realizadas pelo rianjeiro entre 1917 e 1919, que percorreram como exposição diversos pontos da Galiza e de Madrid. O seu objetivo, como o próprio autor destaca era evidente: […]